Mércores. 01.05.2024
El tiempo

O IES Fernando Blanco despediu a Manolo Canosa

Xubilacion de Manolo Canosa no IES Fernando Blanco
Ben arroupado de compañeiros (e excompañeiros) estivo Canosa na súa despedida
O IES Fernando Blanco despediu a Manolo Canosa

Fermosa e emotiva homenaxe a que celebrou este sábado 5 de novembro o IES Fernando Blanco. Xubilouse un dos mestres eternos, participativos, voluntariosos, o que fixo de docente de debuxo dende 1980. E así se notou ca boa acollida que tivo a  homenaxe a Manuel Canosa Sanjurjo. E iso que a xubilación xa vén de antes, pero pola pandemia foise retrasando ata esta fin de semana.

No instituto puideron ver un vídeo no que exalumnos/as de Manolo Canosa e profesorado actual e doutros anos saudaron ao homenaxeado e lle agradeceron o seu traballo e motivación durante todos estes anos. A continuación houbo unhas breves intervencións da directora, Chelo Trillo e de Manolo Canosa quen lembrou que xa o seu avó traballara de bedel no Fernando Blanco e posteriormente o seu pai, José Ramón, foi profesor no instituto.

Despois achegáronse aos xardíns onde Manolo plantou un pradairo xaponés ao que se lle puxo unha placa co seu nome. E posteriormente trasladáronse a Fisterra para xantar no restaurante O Centolo.

Comentarios