Venres. 17.05.2024
El tiempo

O IES Fernando Blanco prepara as preguntas para a súa Olimpíada cultural

Olimpiada ten premio
O IES Fernando Blanco prepara as preguntas para a súa Olimpíada cultural
Este xoves 18 de maio dará comezo a 12ª edición da Olimpíada cultural o saber ten premio no IES Fernando Blanco de Cee.

Nesta edición poderán participar equipos formados, cada un deles, por 5 estudantes do IES Fernando Blanco dos cales 3 deberán estar cursando algún Ciclo Formativo ou Bacharelato e 2 serán alumnado da ESO ou EPA.

Estes equipos iranse enfrontando en sucesivas eliminatorias ata que só queden 3 equipos que serán os que pasen á Gran Final, que este ano se celebrará o día 9 de xuño.

A Olimpíada Cultural celebrase mediante un xogo informático exclusivo do IES Fernando Blanco que vai seleccionando preguntas entre unha base de datos de máis de 900, estas preguntas versan sobre calquera das materias das ensinanzas impartidas no Instituto. Foron propostas por todos os departamentos didácticos.

En cada unha das eliminatorias os equipos deberán responder a 20 preguntas, seleccionadas ao chou polo programa informático.

Na Gran Final, os equipos finalistas enfrontaranse a un dobre reto, nunha primeira fase terán que responder a 20 preguntas, igual que nas eliminatorias, e posteriormente pasarán a unha segunda fase que consistirá nun debate sobre algún tema proposto por un xurado, quen valorará as súas intervencións baseándose na súa capacidade de argumentación, oratoria, rigor, coherencia no discurso, etc.

O patrocinio dos 3 premios corre a cargo das seguintes empresas da Costa da Morte:
  • 1º premio de 600 €: XEAL
  • 2º premio de 400 €: GERCA
  • 3º premio de 300 €: Ferretería Roget (Severo Roget Romero)

Comentarios