Luns. 04.11.2024
El tiempo

A Inspección de Traballo levanta acta de infracción contra XEAL por non informar ao comité sobre a parada dos fornos

Concentracion de XEAL
Imaxe dunha concentración de XEAL en 2021 pedindo a posta en marcha dos fornos
A Inspección de Traballo levanta acta de infracción contra XEAL por non informar ao comité sobre a parada dos fornos

Informa hoxe o Comité de Empresa de XEAL, que a Inspección de Traballo vén de levar acta de infracción contra XEAL por non ter informado ao comité de empresa da parada permanente da produción nos fornos 12 e 21, "tal e como obriga o Estatuto das persoas traballadoras". 

O Comité sinala que o "informe conclúe que entre o 29 de agosto de 2022 e o 28 de xuño de 2023, a empresa "transgrediu" o dereito do comité a ser informado trimestralmente sobre a situación económica da empresa e aquelas cuestións que afectan a actividade produtiva e ao plan de produción. E iso", lembra o comité, "a pesar de que XEAL xa recibira unha advertencia por parte da Inspección para que cumprira coas súas obrigas legais".

Denuncia o Comité que o forno 22 leva parado dende o 16 de xullo de 2022, malia que inicialmente se trataba dunha parada anula de mantemento que non adoita superar os 15 días.

O 16 de xullo de 2022 a empresa parou o forno 22, inicialmente pola parada anual de mantemento que non soe superar os 15 día. Porén pasado este período o forno continúa sen pórse en marcha e sen que a dirección informe á representación do persoal dos motivos. Ademais, dende setembro de 2022 tampouco funciona o forno 12.

Para o comité "estamos ante unha evidencia máis da mala fe coa que a actúa a dirección da empresa, que dende a súa chegada ao complexo industrial-enerxético non fixo máis que traballar para desmantelar as factorías, comprometendo a súa viabilidade, ao tempo que pretende potenciar o negocio da produción de electricidade".

forno 12 xeal
O Forno 12 de XEAL parado

Reiterean así a denuncia de que a situación "incumpre de maneira flagrante a condición esencial das concesións hidroeléctricas no relativo ao mantemento da actividade industrial e dos posto de traballo - que foi corroborada en sentenza firme do TSXG de novembro de 2020-, xa que desde que se fixo cargo o actual propietario (hai xa catro anos) lévanse perdidos 43 postos de traballo fixos directos así como eventuais e de empresas auxiliares -pasando dos preto de 400 postos en total os escasos 250-".

Comentarios