Venres. 04.10.2024
El tiempo

O comité denuncia a XEAL ante a Inspección de Traballo

  • Hoxe, xoves día 20, haberá concentración ás 17:15h diante da fábrica de Cee
Cartel Manifestacion XEAL
O comité denuncia a XEAL ante a Inspección de Traballo

Novo paso na confrontación entre os traballadores de XEAL e a dirección da empresa. O comité de XEAL vén de presentar denuncia contra a empresa diante da Inspección de Traballo. Faino ante a “falta reiterada de información á representación legal dos e das traballadoras”.

Lembran dende o Comité que “a Inspección xa emitira unha resolución en agosto pasado advertindo á empresa sobre a obrigatoriedade de cumprir co estabelecido no artigo 64.2.b do Estatuto das persoas traballadoras”. Así e todo, “a día de hoxe continúa sen trasladar ningún tipo de información sobre a evolución e previsión das súas actividades, a produción e as vendas e o plan de produción”.

”Esta falta de transparencia impídenos avaliar se a drástica caída da actividade produtiva se debe a cuestións de mercado, vén imposta polas obrigas contractuais adquiridas con FerroGlobe na fraudulenta operación de compra-venda, ou se se trata dunha decisión empresarial intencionada, co obxectivo de afondar no deterioro e desmantelamento das fábricas de Cee e Dumbría”, sinalan dende os sindicatos.

Aproveitan para lembrar a caída de empregos dende 2019, cunha caída na produción que se extende ata este ano. E poñen o exemplo do forno 22, que se paralizaba en xullo dentro do programa de paradas anuais, que normalmente non dura máis de 15 días, pero que aínda segue parado en pleno mes de outubro.

Unha situación, a da caída da produción nas fábricas, que se contrapón coa subida continua da produción enerxética, de aí que o comité pida á Xunta que esixa o cumprimento da concesión vinculante entre ambas partes da empresa.

Mobilizacións

Mentres os traballadores continúan coas mobilizacións e este xoves 20 de outubro, está convocada concentración diante da fábrica de Cee ás 17:15 horas.
xoves 27 de outubro, farase manifestación en Santiago ás 10:30h dende o edificio administrativo da Xunta en San Caetano até as oficinas de Aguas de Galiza.
Ademais hai convocada unha xornada de folga de 24 horas para o 17 de novembro porque “os traballadores e traballadoras de XEAL non imos parar até que se atendan as nosas reivindicacións, que son de total xustiza”.

TODAS AS NOVAS RELACIONADAS CON XEAL

Comentarios