Sábado. 05.10.2024
El tiempo

A folga de XEAL desenvolveuse cun 80% de seguemento

  • A dirección de XEAL asegura que o seguemento foi do 20%.
  • A realidade das fábricas volveu ao Parlamento.
22-11-17_FolgaXEAL_07
A folga de XEAL desenvolveuse cun 80% de seguemento
Este xoves 17 de novembro tivo lugar a folga de XEAL as fábricas de Cee e Dumbría e as centrais hidroeléctricas. Segundo a CIG, a folga tivo un seguimento do 80% do persoal, evidenciando “a rotunda demanda do conxunto dos traballadores e das traballadoras: que a empresa sente xa a negociar o convenio colectivo propio, cuxo decaemento forzou a propia dirección tras máis de catro décadas aplicándose”.

Ademais dunha serie de altercados nocturnos nas dúas fábricas, os traballadores celebraron unha concentración pola tarde ás portas da fábrica de Brens.

Critica a falta de vontade negociadora da dirección que onte mesmo, na mediación para determinar os servizos mínimos, rexeitou a proposta trasladada polo comité de suspender a folga se había disposición por parte da empresa para fixar unha reunión a próxima semana para iniciar a negociación do convenio. “Estábamos dispostos a suspender a folga, pero a empresa rexeitouno. Unha demostración máis de que só lle interesa manter a produción de enerxía”, reitera Mouzo.

Para Mouzo, “a Xunta non pode seguir pasiva; ten que poñerse do lado do persoal e da actividade industrial e obrigar a unha empresa como esta, que goza de concesións públicas, a sentar negociar o convenio e a pór en marcha de inmediato un plan de viabilidade”.

Lembran que a redución nos custes do servizo de practixe acordado pola Xunta provocou que a licitación quedara deserta e que “a partir de finais de mes poidamos quedar co porto inutilizado”.

O caso no Parlamento

Volveu ao Parlamento a situación das fábricas, da man do BNG, que pediulle á Xunta que se manifeste. Foi o deputado do Grupo Popular, e candidato á alcaldía de Carballo Rubén Lorenzo, o que sinalou que “a Xunta defendeu, defende e defenderá sempre a non segregación da actividades de ferroaliaxes e a produción de enerxía, así como a actividade industrial nas plantas da empresa XEAL en Dumbría e Cee”.

Tamén se falou da nova estación de bombeo da Ruña, e asegurou que “a modificación concesional proposta por XEAL, consistente nun incremento do caudal sobre a concesión de Santa Uxía, outorgarase, de ser o caso, con todas as garantías xurídicas e condicionarase á mesma limitación, cuxo fin último é a plena salvagarda da continuidade da actividade de ferroaliaxes”. 

TODAS AS NOVAS RELACIONADAS CON XEAL

Comentarios