mércores. 26.03.2025
El tiempo

Intensos días nas Parroquias de Desire

Intensos días nas Parroquias de Desire
Foto Pablo AlvarezFoto Pablo Alvarez Foto Pablo Alvarez

Estos días foron intensos para as parroquais de Ameixenda, Brens, Buxantes, Cee e Toba, onde se desenvolveron diferentes actividades. O xoves 17, coincidindo co festivo do día das Letras Galegas, tres autobuses poñian rumbo dende as parroquias a Catedral de Tui para celebrar unha animada misa e visitar o templo, claustro e a torre do mesmo. Xa o mediodía cruzabase a fronteira para poder comer o típico bacallau portugues e visitar a feira de Monçao.

O sabado pola mañá tocaballe o turno os mozos e mozas das parroquias xunto tamén con alguns veciños da parroquia de Corcubión para recibir o sacramento da confirmación das mans do vicario de Santiago, Xosé Antonio Seoane Ares, quen na homilia destacou a importancia que ten nestes tempos a unidade das parroquias coa realización de actividades conxuntas e mesmo felicitou polas realizadas na pasada Semana Santa.

Pouco despois, ao mediodía tiña lugar unha emotiva celebración de acción de gracias da señora Florinda Mayán polos seus 100 anos recen cumpridos. Rodeada dos seus familiares e amigos encenderonse mesmo 100 coloridas velas diante do altar en agradecemento deste século de vida e por todo o que queda por vivir.

De tarde o templo ceense preparabase para a gran celebración do Domingo de Pentecostes e comezaba a coller cor de festa coa composición de arbores e prantas o longo do templo como sinal de vida, decoración que sorprendiu e foi moi ben recibida.

Xa o Domingo o mediodia tocaba o turno de concluir con Pentecostés o tempo de Pascua, e para elo as campas da igrexa e as bombas de palenque anunciaban a entrada o son das gaitas das imaxes dos santos patróns: San Adrián de Toba, Santa Eulalia de Brens, Santiago Apostolo de Ameixenda e San Pedro de Buxantes, para que xunto coa Virxen da Xunqueira iniciar a celebración no templo, dandose unha estampa inédita de ter a 5 patróns xuntos para dita celebración.

Finalmente como peche deste día tocoulle o turno os mais pequenos, que puideron disfrutar xa de tarde da primeira sesión de cine fórum que se organizou na Casa de Cultura de Cee onde se proxectou a película UP, finalizado fixose unha merenda para todos os asistentes.

CineForum en Cee

Fonte

  • Iván Pérez.

Comentarios