Juanma Ronquete imparte un curso de Fotografía Dixital en Corcubión
A Universidade Popular organiza un curso de fotografía dixital impartido por Juanma Abelleira Ronquete que se desenvolverá o sábado 3 de decembro en Corcubión. Juanma Abelleria Ronquete, nado en Corcubión, é fotógrafo por afección, promotor do colectivo Galiza Branco e Negro, e impulsor de diversas exposicións fotográficas propias e colectivas.
O curso inclúe un roteiro fotográfico urbano/paisaxístico, e a selección das mellores imaxes para exposición e participación no X Concurso fotográfico de Corcubión organizado polo Concello.
Serán 8 intensas horas, de 10:00h a 19:30h, e comprenderá os seguintes contidos: Control de cámara: velocidade, diafragma, valores ISO, composición fotográfica, e edición fotográfica.
Xa se poden inscribir en [email protected] (ata o 27 de novembro). O prezo é de 50 € /40€ euros para soci@s.
Novas relacionadas
- /ollando-unha-galiza-en-branco-e-negro-dende-o-faro-vilan/.
- Ronquete expón a súa visión da Costa da Morte no Museo Fernando Blanco.
Fonte
- Universidade Popular de Corcubión.