Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Julio López, Presidente da Federación Galega de Estacións de Servizo: "Preocúpannos as sombras que se poden xerar no rural"

Julio Lopez Xerente de Bazarra
Julio López, Xerente de Bazarra
Julio López, Presidente da Federación Galega de Estacións de Servizo: "Preocúpannos as sombras que se poden xerar no rural"

A Estación de Servizo Bazarra non é unha gasolinera calquera. É un deses puntos de encontro que, a base de diversificar a súa oferta, contar unha política comercial e de márketing propia, e defender o coidado do medioambiente, conseguiu afianzar unha clientela fiel, que suman unhas 200.000 repostaxe e unhas 10 limpezas ao ano.

A pesar de abrir dúas gasolineras lowcost na propia vila de Cee, e a pesar da circunvalación que evita que os coches que van directos a Fisterra non pasen por diante, a gasolinera conseguir aumentar o seu persoal. “Buscamos alternativas, abrimos outro tipo de servizos e agora estamos no máximo de persoal contratado, 16 persoas”, explicanos o xerente Julio López.

Foron dous 2 anos tan difíciles. Caeunos un tsunami sobre o sector, pero conseguimos posicionar a FEGAES como unha das federacións lider a nivel nacional tanto en apoio ao sector como en iniciativas. Todo o mundo nos considera os líderes en toda España.

Mención especial merece o Congreso que fixemos na Estrada, que foi un éxito rotundo, e ratificamos a nosa potencia, deixando claro que o futuro das estacións de servizo está determinándose en Galicia. Era a primeira vez que se fixeron reunión por zonas, por marcas…
Pero ao longo deste tempo tamén coordinamos subvencións, e mesmo se conseguiu que a propia Xunta abrise liñas especificas para estacións de servizo.
Outro fito importante foi que se conseguiu a colaboración da Xunta para a colaboración de novas enerxía, como o convenio co porto de Vigo para o proxecto Julio Verne, en colaboración activa coa Asociación Galega de Hidroxeno para facer un corredor de Hidróxeno (estase estudando).

Foron dous anos moi frutíferos, pero moi complicados para as estacións de servizo, pero tamén temos que facer unha autocrítica, sobre se este esforzo non ten ese beneficio directo. Sabemos que os gasolineros o estamos pasando moi mal.

  • QPC: Si? Están pechando gasolineras en Galicia pero parece que nas cidades nacen gasolineiras como churros?

Ademais das 57 gasolineras que había pechadas en Galicia, esta cantidade aumentou en 3 máis nestes últimos 2 anos, e se preve que hai moitas máis ameazadas, sobre todo no rural. Algo que nos preocupa moito á federación son sombras que se poden xerar no rural e o exceso de oferta que pode haber nas grandes cidades e nas cabeceiras de comarca.
A Federación debería estudar esta situación. Non ten sentido que haia unha sobreoferta en grandes cidades e cabeceiras de comarca, e que nos núcleos rurais se poida ter sombras e faltas de suministro.

  • QPC: Gasolineras con persoal ou autoservizo. Iso é outro dos grandes debates no seu da Federación supoño, tendo en conta a perda de postos de traballo, non?

Si,, Outro dos aspectos que nos preocupa é a perda de postos de traballo sobre todo no rural. Os propios sindicatos o recoñecen. Non temos datos a nivel Galicia pero si a nivel nacional, e son moi preocupantes. Está claro que o modelo de negocio está cambiando cara o autoservizo, o que agrava a situación.

  • QPC: Está claro Bazarra porque modelo aposta…

Nós apostamos pola gasolinera tradicional. Pero tamén é certo que é difícil conseguir xente para traballar.
En calquera caso, o noso exemplo non é trasladable a todas as gasolineiras.

  • QPC: Como vedes entón o futuro das estacións de servizo?

Vai haber moitos cambios. A día de hoxe, en combustible, está caendo o consumo un 7% anual, e vai seguir caendo, porque os coches son máis eficientes e hai quen se traslada a outras enerxías. Ademais, hai máis oferta e a tarta repártese en máis trozos.
As estacións de servizo van pasar a ser multienerxéticas, co risco de que haia produtos que non sexan rendibles.

  • QPC: Aínda que nos últimos meses parece que o prezo se vai estabilizando, levamos anos de subida tras subida. Pandemia, guerra de Ucrania… Todo parece unha razón para que o prezo suba e suba… A sociedade ten a sensación de que moitas veces son os propios lobbies os que utilizan esas situacións como excusas para subir e subir… Agora parece que vivimos tempos de caída, pero aínda estamos arredor do 1,5€/l, unha cifra que nos sitúa de volta en 2022, con medio céntimo de baixada, pero aínda lonxe dos 1,2 de media de practicamente toda a década pasada. Que pasará de aquí a final de ano?

Eu so podo falar en pasado, e só na parte micro, o das gasolineiras, que inflúe apenas un 2-3% do prezo final. Antes hai un mercado internacional, e despois, hai impostos que aumentan ano tras ano.
En canto ao prezo hai dous modelos: unha con prezos agresivos e outras non tanto, que prioriza a fidelización, como facemos nós con Waylet ou Solred. Entón aparecen no monolito diferencias de 20 céntimos que non son reais.

  • QPC: E outra cousa. É a mesma gasolina para todas?

Non todos os produtos son iguais. Cada un ten os seus aditivos diferenciados, e non vou entrar cal son mellores.

  • QPC: Bazarra leva tempo intentando instalar unha electrolinera. Que pasa aí?

O cargador eléctrico xa está instalado pero estamos pendente de nolo enchufen á rede dende abril de 2022… Un ano e pico de retraso… Sei que lle pasa a moita xente coma min… hai infraestrutura montada pero non somos capaces que o suministrador de zona nolo conecten á rede. Algo moi denunciable, que estamos denunciando dende a Federación, que as novas enerxías non avancen polas administracións e outras empresas…

  • QPC: Que novidades ten Bazarra nos últimos tempos?

Ademais do pioneiro servizo de aproveitamento de augas pluviais, estamos mellorando o proceso de ecolavado, no que recilamos o 80% da auga, de xeito que se chove cada 7 días temos asegurado o abastecemento de auga para os tanques de lavado. Ademais, a auga da chuvia é a mellor para limpar os coches, porque non ten minerais.

Pero tamén estamos diversificando o negocio, proporcionando máis produtos enerxéticos. Vendemos GLP industrial, para casas, resturantes… en toda a provincia.
Tamén acabamos de abrir unha lavandería autoservizo, e lanzamos un servizo de instalación placas fotovolcaicas para empresas, mentres seguimos comercializando luz e gas, cunha rede de 3 comerciales a toda a provincia da Coruña.

Novas relacionadas

Comentarios