170 representantes das gasolineras de Galicia disfrutaron do primeiro congreso costeiro
Organizaba Julio López, presidente da Federación Galega de Estacións de Servizo, e a Estación de Servizo Bazarra, o primeiro Congreso de Gasolineros de Galicia na Costa da Morte. 170 representantes de toda Galicia celebraron a Santa Bárbara cunha completa sesión de visitas pola comarca e unha importante reunión no Parador de Lourido.
Unha cita para analizar o reto enerxético que ten o sector do petróleo, e a aposta polas enerxías limpas, unha carreira na que Bazarra vai en cabeza.
De feito, López insistiu aos seus compañeiros na importancia de liderar o cambio e apostar polas electrogasolineras, que na comarca avanzan paseniño, en parte, pola falta de demanda.
A Federación conta con 300 asociacións que facturan máis de 900 millóns de euros e xeran máis de 2.300 empregos directos.
Novas relacionadas
- Xullo 21: Julio López, novo presidente da Federación Galega de Estacións de Servizo.
- Xuño 2020: Ecolavado Vertido 0, a nova aposta medioambiental de Bazarra.
- Marzo 2020: Iniciativas contra o coronavirus: Café de balde aos camioneiros e limpezas aos vehículos sanitarios.
- Maio 19: Bazarra festexou 50 anos de vangarda empresarial e laboral.
- Miro Villar: Bazarra, un topónimo singular do noso territorio.
- O Olimpia segue correndo con combustible de Bazarra.