Letras e natureza enchen a Casa da Cultura de Cee

Boas datas estas para coñecer a Casa da Cultura de Cee por dentro I é que temos dúas exposicións abertas desas que merecen a pena visitar.
Exposición sobre Filgueira Valverde

Durante o mes de Maio a Biblioteca Pública Municipal "Francisco Mayán" acollerá unha mostra sobre a figura, vida e obra de Xosé Filgueira Valverde, autor ao que se lle dedicará neste ano o Día das Letras Galegas. Dez carteis informativos editados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e vinte libros do fondo bibliográfico da Biblioteca Municipal do Concello de Cee, integran esta exposición na que se pretende amosar a vida e o legado cultural que deixou o polifacético escritor pontevedrés.
Exposición sobre o Camiño dos Faros

A ruta de senderismo do Camiño dos Faros discorre entre Malpica e Fisterra ao longo de 200 km de costa unindo a pe todos os faros da Costa da Morte. O percorrido creouse dende cero en moitos tramos grazas ao traballo desinteresado de limpeza e sinalización do percorrido por parte dos impulsores do proxecto, agora constituídos en asociación, aglutinando xa a máis de 500 socios ou trasnos, como gustan chamarse.
A exposición que estás a contemplar é unha das iniciativas postas en marcha pola asociación, pois ademais de promover a ruta e mantela en óptimo estado, cada ano, organiza dúas edicións guiadas do percorrido, dividindo o camiño en oito etapas e que inclúe o soporte loxístico aos participantes e charlas nos puntos de interese da ruta. En cada etapa se realizan diversas actividades culturais como visitas previas con guía local para coñecer puntos de interese histórico ou natural de ese concello, concertos de música, proxección de un vídeo sobre o Camiño dos Faros…
A exposición colectiva O Camiño dos Faros está formada por unha selección de imaxes de fotógrafos que participan nas etapas máis unha imaxe de cada participante nun curso de fotografía impartido na asociación polo fotógrafo Antonio Amboade.
Novas relacionadas
- Un milleiro de trasn@s toman de novo o Camiño dos Faros.
- Unha lectura continuada de escritores galegos para o Mes das Letras en Corcubión.
- O Couto descobre o programa dun Festiletras cheo de grandes nomes.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).