Lires ten unha cita con Rosalía
08:00 19/01/12
Este sábado 21 de xaneiro, a Escola de Lires acollerá unha cita moi especial. Terá lugar a presentación a partir das 18:30h do libro "Rosalía de Castro: A persoa e a obra, de onte a hoxe". O seu autor, o ferrolán Francisco Rodríguez Sánchez, estudioso da vida e obra da poeta padronesa.
A presentación correrá a cargo de Olga Figaldo Baamil, unha das responsables da entidade organizadora do evento, a A.C. Pedras Miúdas.
Novas relacionadas
- Aquí non se tira nada: Un local de ensaio feito na casa en Lires.
- A choiva non impide que Lires recupere a esencia da tradición.
- Os escolares tamén queren homenaxear en verso aos Faros da Costa da Morte.
- A campaña VItaminas para o galego" supera as expectativas de recadación e amplia cabeceiras.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).