Lires vivirá a súa terceira fin de semana de festival
Volve a actividade cultural por terceira semana a Lires. A boa idea da familia da Asociación Pedras Miúdas de esparexer as actuacións en varias fins de semana permite á vila ceense disfrutar da súa terceira fin de semana viva. As citas arrincan o venres 20 de agosto ás 21:00h no Recuncho de Lires, coa actuación poético musical do corcubionés Álex López coa guitarra de Elías Outes.
O sábado, a partir das 17:40 haberá festa da escuma na Riba das Eiras.
Xa pola noite, en LiresCa, serán Lucía Aldao e a ceense María Lado a que nos saquen a súa Furia Necesaria.
Para o vermú do domingo, ás 13:00h, queda a presentación do libro Nación Mar, do poeta mariñeiro ceense Xosé Iglesias.
A vila aínda agarda pola derradeira finde de agosto. O venres chegan Inversos, con Suso Bahamonde, e o sábado Davide Salvado en concerto.