venres. 06.12.2024
El tiempo

Máis apoios ó manifesto de Queremos Galego no concello de Cee

Máis apoios ó manifesto de Queremos Galego no concello de Cee
A asociación de Escritoras e Escritoras en Lingua Galega apoian o manifesto Queremos Galego A asociación de Escritoras e Escritoras en Lingua Galega apoian o manifesto Queremos Galego Estes días saltou á palestra o uso do galego na administración local de Cee que se avivivou no pleno de onte.  Despois de que A Mesa pola Normalización puxera en marcha unha campaña de difusión e promoción do regulamento e promoción do galego foron varias as organización que mostraron o seu apoio. Precisamente onte fíxoo a asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega - AELG - que declarou publicamente o seu apoio ao manifesto Queremos galego na administración local de Cee. Ademais fai un chamamento a usar, apoiar e impulsar a nosa lingua propia, lingua en que se expresaron as e os poetas do noso país, algúns deles fillos desa comarca de Fisterra. "Van alá máis de cento cincuenta anos de afáns para devolver a nosa lingua ao lugar que ocupou e que lle corresponde como única lingua propia de Galiza, tamén recoñecida como oficial polo Estatuto de Autonomía galego" sinalan dende a AELG . "Somos quen somos por termos criado esta lingua. É por ela que somos recoñecidos como galegas e galegos e así o queremos seguir sendo. É grazas á lingua oral -base da nosa cultura e raíz do noso sistema literario- que desde a escrita nos é permitido transmitir elementos patrimoniais que, de ficaren restrinxidos á vía oral, fariamos hoxe parte dunha xeración moito máis enmudecida" reiteran dende a asociación. Neste senso, escritoras e escritores galegos reclaman unha potenciación real e efectiva da lingua galega, accións que redunden nunha ampliación do seu uso, medidas que sirvan para que a nosa lingua sexa a lingua en que fale o futuro, garantía imprescindíbel de supervivencia.   Novas relacionadas Fonte 

Comentarios