Manolín volve ao escenario para homenaxear a Rosalía


Leva meses preparándoo. Da posta en escea non escapa unha soa coma, un só segundo de silencio. O Auditorio da Casa da Cultura de Cee acollerá o vindeiro doningo 19 de febreiro o novo recital poético de Manolín Oliveira, ese fenómeno da natureza, Historia viva do Fútbol da Costa, invadido pola emotividade.
Será esta a súa persoal homenaxe a unha das súas referencias culturais, Rosalía de Castro, no seu 180 aniversario. Manolín fará un repaso por todas as caras de Rosalía, a máis combativa, a máis intimista, a máis namorada da súa terra.
Para transmitir todo ese caudal de sentimentos, Manolín contará, como noutras ocasións, coas entidades de baile rexional da zona. Así colaborarán cos seus pasos a ACD Nerio Baile Xaldón de Corcubión, a SCD ED Breogáns de Brens, e a AC Terra de Sena de Cee.
Novas relacionadas
- Homenaxe a Manolín, Historia viva do Fútbol da Costa.
- 2013: Viki Rivadulla e Manolín demostraron a arte que ten a Costa da Morte.
- 2011: Un derroche de emoción no Recital de Manolín.
Conversas co Mito
- Presentación: A importancia de ser Manolín. Conversas co mito.
- Conversas I: “A frase, cando facía os trocos, era ‘Manolín toleou’, e case sempre gañaba”.
- Conversas II: Manolín: “Vexo cousas no Real Madrid ou no Barcelona que xa fixera eu”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).