Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Manuela Rial despediu o curso cunha intensa xornada

oznorHB_soft
Os pequenos, a alma da festa de despedida do Manuela Rial
O Manuela Rial despediu o curso cunha intensa xornada

Aínda escoitamos os ecos do fin de curso, xa que os centros da comarca queren compartir con nós como foi a súa despedida. Xornada intensa a de fin de curso que se viviu no Colexio Manuela Rial de Cee este pasado mércores.

Pola mañá celebraron o Festival de Educación Infantil no salón de Actos; os máis peques, cunhas actuacións moi coidadas, fixeron as delicias dos seus familiares, que esta vez si, puideron asistir. Para o alumnado das outras etapas, realizouse unha xornada lúdico-deportiva no Polideportivo e campos de deportes.

Pola tarde no Salón de Actos, acto de Graduación do alumnado de 4º ESO, quen acompañados polas súas familias acudían por última vez ao Centro para despedirse da Secundaria Obligatoria. Discursos, bandas de graduación, diplomas, vídeos...e un acto cheo de emoción que serviu para desexarlles a mellor das sortes a quen o próximo ano comezan unha nova etapa formativa.

Xornada Solidaria

Aproveitouse esta xornada para facer, con gran éxito, unha “operación quilo”, de recollida de alimentos, roupa e produtos de hixiene en colaboración coa Asociación AGA- Ucraína de axuda humanitaria.

CEIP Manuela Rial-FOTO OPERACIÓN KILO

Comentarios