Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Mateo Pérez Soto tamén gaña a Olimpiada Galega de Química e prepárase para a cita estatal

Mateo Perez Soto na Olimpiada quimica
Mateo Pérez Soto tamén gaña a Olimpiada Galega de Química e prepárase para a cita estatal

Hai apenas unha semana que gañaba as Olimpiadas de Física da USC. E esta vén de facer o propio na XXXIX Olimpiada Galega de Química. Falamos de Mateo Pérez Soto, alumno do IES Agra de Raíces de Cee, que ademais de ser un verdadeiro exemplo en materia de Letras, demostra que o seu destacando coñecemento do mundo das ciencias.

Así o corrrobora o Colexio Ofixial de Químicos de España, que parabeniza ao ceense por quedar no primeiro posto deste certame da demarcación da Universidade da Coruña (UDC). Un premio que lle dá acceso á XXXVII Olimpiada Nacional de Química, que se celebra en Compostela do 6 ao 8 de maio.

As probas desenvolvíanse simultáneamente en varios puntos de Galicia o pasado 18 de marzo, nas que participaban 139 alumn@s de 24 centros educativos do país. E o resultado das probas de Química chegou ao IES Agra de Raíces de súpeto, no transcurso da última clase da mañá, que se viu interrompida por unha interminable ovación, exultantes vítores e efusivas felicitacións de todos os alumnos de 2º Bacharelato.
"Os estudantes das dúas aulas festexaron con verdadeira ledicia o trunfo de Mateo, que vai moito máis alá do plano académico", cóntanos dende un orgulloso centro onde viven con estusiasmo esta vitoria sen precedentes. "A brillantez indiscutible que demostra en cada materia extrapólase tamén aos ámbitos persoal e social. Mateo é extraordinariamente querido polos seus compañeiros debido á súa amabilidade, xenerosidade, camaradería e humildade. Todos os que o coñecemos estabamos seguros de que este ansiado primeiro posto chegaría, agás el mesmo, que contempla cada desafío conseguido coa sorpresa e a candidez de quen loita por todo, pero non espera nin dá nada por sentado".

"Temos infinita confianza depositada nas elevadísimas capacidades de Mateo, na súa incansable forza de vontade, na súa destreza para aplicar os coñecementos adquiridos a situacións completamente novas e no aplomo co que se enfronta a cada reto", explican ao tempo que envían os parabéns de todo o centro, nomeadamente da xefa do departamento de Física e Química, María José Pena, que dedicou longas horas de traballo á formación, preparación e seguimento de Mateo en ambas disciplinas." Os dous lograron construír un vínculo sumamente estreito que se viu aínda máis solidificado polas cualidades que comparten. A seriedade que María José imprime ao seu traballo, a procura da excelencia, a súa sistematicidade á hora de pensar e actuar e a calidade que se autoesixe a diario fronte aos seus alumnos entroncaron directamente co entusiasmo, o esforzo e o talento de Mateo", explican.
 

Novas relacionadas

Comentarios