mércores. 30.04.2025
El tiempo

Medio millar de bailaríns disfrutaron do XXXI Día da Muiñeira de Cee

Medio millar de bailaríns disfrutaron do XXXI Día da Muiñeira de Cee
Dia da Muineira 2017 en Cee-Foto-Rafa Quintans 4 Gran espectación no Día da Muiñeira de Cee-Foto-Rafa Quintáns

Preto de 500 bailaríns déronse cita este pasado luns 1 de maio en Cee para celebrar o XXXI Día da Muiñeira. Agrupacións de Santiago, A Coruña, Paiosaco, Corcubión, Fisterra, Brens, Lires e da propia vila da Xunqueira, sacaron as súas mellores galas para encher de tradición a praza 8 de marzo.

O Día tivo o seu certame, con 4 premios. O premio na categoría de ata 14 anos quedou no Grupo Nerio da Universidade Popular de Corcubión, por diante do Grupo Breogán de Brens. Na categoría de adultos, os composteláns de Xirandaina levaron o primeiro premio por diante dos tamén corcubioneses Xaldón.

Dia da Muineira 2017 en Cee-Foto-Rafa Quintans 7 Fotos de Rafa Quintáns

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios