Venres. 19.04.2024
El tiempo

Melloras para os centros educativos de Cee

Melloras para os centros educativos de Cee

A delegada territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Belén do Campo, visitou o pasado venres o concello de Cee, onde mantivo un primeiro encontro institucional coa alcaldesa, Zaira Rodríguez, enmarcado no seu percorrido polos 94 municipios da provincia iniciado dende a toma de posesión do seu cargo.

Do Campo trasladoulle a Rodríguez o compromiso da Consellería de Cultura e Educación para mellorar a accesibilidade no CEIP Eugenio López coa instalación dun ascensor e a protección das columnas do patio. Os traballos acometeranse durante o verán, co fin de non interferir na actividade académica.
Pola súa banda, o IES Fernando Blanco conta cunha achega de preto de 30.000 euros para dúas obras. A primeira, que rematou hai poucas semanas, consistiu na reparación da calefacción e a segunda iniciarase en breve e permitirá a remodelación dos aseos das instalacións educativas.

Ademais a delegada territorial da Xunta na Coruña revisou coa rexedora as actuacións que se financiarán en 2012 a través dos Proxectos de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM), para os que Cee recibirá máis de 42.000 euros. Os plans presentados polo concello de Cee consisten na mellora de diversos camiños rurais, entre os que se atopan o que une os lugares de Vilar de Toba e Sembra.

Novas relacionadas

Fonte

  • Xunta de Galicia.

Comentarios