As mellores fotos de vodas do estado fanse dende Cee
19:06 26/01/26
Segue gozando de moi boa saúde a foto nupcial da Costa da Morte. Así o comprobamos ao sabermos que Antonio Amboade Fotografía, estudo con sede en Cee, vén ser recentemente galardoado co Wedding Award 2026, outorgado por Bodas.net, e que pasa por ser un dos premios máis importantes do sector nupcial en España.
Dase a circuunstancia ademais que este recoñecemento se concede exclusivamente a partir das opinións verificadas das parellas que contrataron o servizo tras a celebración da súa voda, e nesta edición analizáronse máis de 85.000 valoracións en todo o Estado.
O premio recoñece a profesionalidade, proximidade e confianza que o estudo ofrece ás parellas nun día tan importante.

