Martes. 30.04.2024
El tiempo

Mohamed Safa reflexiona en Cee sobre o risco de perdermos os valores democráticos

Mohamed safa con Galeb Jaber nun acto en Cee
Mohamed Safa
Mohamed Safa reflexiona en Cee sobre o risco de perdermos os valores democráticos

Xa deixou patente durante debate de Cee o seu medo ao avance que a ultradereita pode provocar no noso país. A perda de valores democráticos que xa dabamos por asentados pon en perigo a sociedade libre na que vivimos.

Por iso, coa axuda da Organización Feminista Buserana, o activista palestino Mohamed Safa vai impartir unha charla este xoves 29 de xuño na Casa da Cultura de Cee, a partir das 20:00h.

”Hai un auxe da extrema dereita en Europa nos últimos tempos, e tamén en España, que cuestiona os avances nas políticas sociais que se levan conseguindo dende a segunda guerra mundial, en canto ao feminismo, ao dereito cidadanía en relación coa a migración… baseados nun discurso do odio e o rexeitamento, e iso provoca unha dificil conviviencia pacifica”, sinala Safa. “É hora de reflexionar para tomar nota que a nosa sociedade ten que estar vacinada ante este populismo negativo. Debemos estar preparados, empezado polo movemento das mulleres, un dos colectivos sociais máis dagnificados”, sinala agradecendo a vontade de Buserana de organizar este acto.

”Estamos nunha democracia e aínda así vemos como están as cousas, como estamos indo para atrás”, sinala Ester Canosa, de Buserana, en clave de actualidade e coas eleccións do 23X aí diante. "Levamos moito anos loitando polo voto, polo aborto, por poder abrir unha conta no banco, por xestionar a nosa propia herencia, por estar presentes nas decisións políticas... e agora loitar contra os estereotipos fisicos que nos queren impoñer, contra a mercantilización dos nosos úteros, querendo blanquear a xestación subrogada, loitando para que non nos maten e que non nos violen por ser mulleres... Temos que estar sempre atentas, porque sempre vai haber novas formas que atenten contra os nosos dereitos".

"Vemos como algúns partidos políticos din que a violencia machista non existe, que é violencia intrafamiliar; que nos digan pois como lle van chamar cando un descoñecido mata a unha muller na rúa. Mátannos por ser mulleres, punto. Preguntámonos como é posible que ata queiran desmantelar o Ministerio de Igualdade, un Ministerio cuia función é realizar políticas para facer efectiva a igualdade real entre homes e mulleres, a prevención e erradicación das distintas formas da violencia contra a muller...?". "O que non se nomea non existe, e a violencia de xénero existe".

"Por iso propoñémoslle a estes partidos políticos evitar que empreguen os seus esforzos en que a xente non teña que coller a maleta e marchar fóra, que xestionen adecuadamente o territorio, e outras tantas cousas que teñen bastante máis premura que non desmantelar algo, tan necesario, que xa está feito", explican dende o colectivo feminista.

charla buserana safa

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios