Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Nace Solpor, unha Asociación de Profesionais para unir o Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía

Nace Solpor, unha Asociación de Profesionais para unir o Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía
Presentación da Asociación do Camiño Santiago a Fisterra-Muxía Solpor- Foto-Pan

Que importante é unirse no sector hostaleiro. Acabamos de velo cunha loita unida por un servizo de transporte colectivo decente, e hoxe damos conta do nacemento dunha nova e ilusionante proposta. Naceu en Dumbría “Solpor, Asociación Profesional de Empresarios do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía. Cunha cabeza visible e aglutinadora como Antón Pombo á cabeza, pretende servir de nexo entre todos os protagonistas do Camiño costeiro, loitando coas vellas liortas localistas que tanto lío provocaron anos atrás, pero que "xa está olvidado", como recoñece o propio Pombo.

A presentación tiña lugar onte en Dumbría, ante unha importante presencia de 65 hostaleiros de toda a zona. A directiva conta con membros de todos os Concellos implicados na promoción do noso Camiño, dende Santiago, pasando por Negreira, Mazaricos, Dumbría, Cee, Corcubión, Fisterra e Muxía.

Pombo entende que foi unha resposta fantástica, e destacou a gran acollida recibida entre os establecimento hoteleiros e albergues, como restaurantes, bares, axencias... "Esto non é máis que un primeiro paso. Xa temos uns 50 socios e en breve é superar os 100. A idea caeu ben, e é o momento idóneo, pois hai riscos de que este Camiño se descontrole, e cremos que esto vai servir para moito". Ademais, Pombo recorda que é a primeira vez que se fai unha Asociación de empresarios de todo tipo, relacionados co Camiño, en calquera dos itinerarios de España. "Dende logo que estamos moi orgullosos de que esta iniciativa pioneira xurdira en Galicia, na Costa da Morte", apunta.

Asistentes a presentacion da Asociacion Solpor-Foto-Jesus Trillo

Obxectivos

Un dos obxectivos principais e primeiros será o de abrir un punto de información turística en Santiago exclusivo para a Promoción do Camiño a Fisterra-Muxía. Unha necesidade vital, para seguir ampliando a porcentaxe de peregrinos que chegan ata Compostela e continúan ata Fisterra e Muxía. O máis probable é que intentar poñelo en marcha de cara ao ano que vén, ben no centro ou no Camiño na saída da cidade. Un punto enfocado do peregrino pero tamén do viaxeiro cultural.

"No debate que houbo onte foron moi clarificadoras", apunta Pombo. "Estamos nunha fase forte de crecemento, pero non ten unha correspondencia do coidado do Camiño por parte das diferentes administracións, polo que a nosa intención é a de terciar, presionar e/ou colaborar coas administracións para que se consigan melloras en temas como a protección, ou a sinalización que segue sendo bastante deficiente e confusa", como do propio estado da vía, con varios puntos negros (por exemplo a baixada do monte da Armada de Cee).
De feito, un dos obxectivos é o de sacar os peregrinos das estradas. Habería que armar un plan de sendas paralelas. Queremos conseguir ter un estatus como o do Camiño Francés".

Recordan que "a día de hoxe é moi deficiente a información que se está dando en Santiago sobre a nosa Prolongación".

Outro punto importante que se tratou foi o de "acabar canto antes coa ilegalidade. Hai que acabar con eses espectáculos deningrantes que nos levan moitas décadas atrás, con xentes pelexando polos peregrinos, índoos buscar aos paradas de autobús, mentíndolles caos ofertas, e levándoos a pisos particulares que non están rexistrados", denuncia.
"Queremos que os hostaleiros teñan claro que non se lles pode tratar como un número, queremos unha acollida máis calurosa e tradicional, e que a xente non se pase cos prezos. Temos que coidar todas estas cousas que van en contra da imaxe que queremos dar do noso itinerario", reflexiona Pombo.

O Camiño Fisterra-Muxía en cifras

En 2013, foron máis de 215.000 os peregrinos que chegaron a Compostela. Deses uns 20.000 fixeron a Prolongación do Camiño a Fisterra-Muxía, o que supón que o 9% dos peregrinos que chegan a Compostela acaban o Camiño en Fisterra ou Muxía.

Outro dato curioso, que seguro que este ano medra, é que o ano pasado foron 4547 as que fixeron o Camiño do revés, dende Fisterra ou Muxía ata Santiago, un 8,8% máis que o ano anterior. Polo visto polas estradas este curso, seguro que a cifra medra máis este ano.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios