Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Un Nadal histórico por Ameixenda

Nadal Ameixenda 2023
Un Nadal histórico por Ameixenda

Trae a S.D.R.C Fumes do Cal de Ameixenda un completo programa para este Nadal. Un programa que arrinca o 23 de decembro, coa inauguración na Casa da Cultura dunha exposición sobre as máquinas de escribir., da man do veciño Valentín Carro.

O domingo 24 pasará papa Noel por Ameixenda, e o mércores 27 comezan as actuacións culturais coa actuación das Xaviñanas de Corcubión e o grupo local de gaitas.
O xoves 28 hai película infantil, e o venres 29, un mago xalleiro.

Comentarios