Noite galega de lumes
Incomprensible. O que segue a acontecer cos lumes neste país é un misterio. Como é posible que sexamos capaces de destrozar entornos como o das Fragas do Eume? E se uns apuntan que son 750 hectáreas as arrasadas, o alcalde de A Capela pon a cifra de 2.000 enriba da mesa, ademais de criticar a coordinación de medios na extinción. Ademais, dase a situación de que na zona queimada hai proxectada unha Mina de Andalucita...
Pero aquí non libramos e se o martes 60 hectáreas eran arrasadas no termo municipal de Muxía, na noite de onte sábado os concellos de Cee e Fisterra sufriron sendos incendios.
Ardeu o monte de San Martiño en Fisterra. O incendio era detectado arredor das 22:00h. Boa parte das matogueiras dos cantís da zona do Cabo da Nave foron queimadas, e ao longo desta maña foi controlado polas brigadas que acodiron cunha motobomba. Iso si, despois de que unhas 5 hectáreas foran destruídas.
En Cee, ardeu pouco máis de 1 hectárea na zona do antigo "basureiro", onde as antenas.
Avisos en Zas
Ademais, esta semana saltou alerta na zona de Pedramaior, en Zas. Un conato puido ter consecuencias catastróficas, segundo nos conta Braulio García, e mesmo puxo en perigo a vida de varios veciños, pois prendeu moi preto das casas.
O propio Braulio pregúntase por que a Xunta non informa de incendios de menos de 20 hectáreas... Nós preguntámonos o mesmo, e ante as nosas cuestión, dende a administración aseguran que o fan para evitar o "efecto contaxio". Non sabemos se o están a conseguir a verdade, visto o visto. Os datos falan, neste 2012, de cada 4 hectáreas queimadas en toda España, 3 son de montes galegos.
Máis información
- EP: Se estima que han ardido unas 700 hectáreas en el incendio de Fragas do Eume.
- 20 minutos: El alcalde de A Capela, localidad cercada por el incendio: "Las fragas están muertas".
- Dioivo: Unha mineira anglo-africana quere explotar un lugar colindante ás Fragas do Eume .
Novas relacionadas
- 27-03-12: 60 hectáreas arrasadas no incendio de Buiturón.
- Un sol que seca.
- A política por diante do lume.
- A Costa en verde: Eucaliptos, ¿unha praga ou unha saída económica?.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).