Sábado. 28.11.2020
El tiempo

Nordés Project. Folk-pop ceense no Musicaula 2014

Nordés Project. Folk-pop ceense no Musicaula 2014

A que soan ben? Pois son un grupo con denominación de orixe Costa da Morte, concretamente da "factoría Fernando Fraga”. Nordés Project colle a herencia de Distance, banda adolescente que coñeciamos o ano pasado nos premios Musicaula. Este curso, estes 9 rapaces de entre 13 e 17 anos, aprendidos na Escola de Música Municipal de Cee, lánzanse de novo con esta proposta máis folk-pop.

O ano pasado xa chegaron ás semifinais do concurso nacional Musicaula. E onte arrincaban as votacións das Semifinais rexionais do Musicaula 2014, cos ceenses recollendo votos. Representan ao IES Agra Raíces, pero tamén a Cee e a toda da Costa da Morte, como recoñece o propio vocalista Dani.

Eles son:

  • Fran Cives- Batería.
  • Sara Fraga- Violín.
  • Pedro Vázquez- Trompeta.
  • Daniel Castiñeira- Vocalista.
  • Helena Castro- Guitarra.
  • Brais Amboade- Bajo.
  • Jesús Ramos- Guitarra.
  • Fátima Outes- Piano.
  • Marta Sambade- Clarinete.

Así que xa podedes votar aquí, para Nordés Project nas Semifinais do Musicaula 2014 no Grupo A.

Sen máis, desexámoslle moita sorte e alá van uns cantos votos costeiros!!

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Nordes Project-Grupo Folk Cee-Costa da Morte

comentarios