Mércores. 21.08.2019
El tiempo

Unha nova alumna do Manuel Rial, visita ao Rei coa súa creación artística

O Rei Felipe coa ceense Irene Ramon e a profesora Soneira de Pazos
O Rei Felipe coa ceense Irene Ramon e a profesora Soneira de Pazos
Unha nova alumna do Manuel Rial, visita ao Rei coa súa creación artística

Estase convertindo en tradición. Xa pasou en 2014. E este ano, outro debuxo dunha alumna do Colexio Manuela Rial de Cee, volveu ser o gañador, en Galicia, da edición 37ª do concurso “¿Qué es un Rey para ti?”.

Irene Ramón Fernández, alumna de 6º de Primaria do Colexio ceense, foi a autora dun dos 17 debuxos escollida pola Fundación Institucional Española (FIES), de entre os 17.305 debuxos presentados, procedentes de 1.593 centros de toda España.

Como premio asistiu a unha audiencia privada co Rei no Palacio Real de El Pardo, acompañada da súa profesora Sonia de Pazos Elorza. Esta estudiante logrou ser seleccionada cunha manualidade na que ve a Coroa coma un elemento de suxeción e unión dunhas cordas para tender nas que prendeu con pinzas as bandeiras de todas as comunidades.

Novas relacionadas

Comentarios