sábado. 09.11.2024
El tiempo

Nova imputación a Ramón Vigo por delito medioambiental

Nova imputación a Ramón Vigo por delito medioambiental

Chega a 7ª imputación ao alcalde de Cee. I é que ademais de todas as da Operación Orquesta Ramon Vigo acaba de ser denunciado polo Seprona por delito contra o Medio Ambiente por un desmonte sen permiso no lugar da Ameixenda, en plena Rede Natura.

Vigo terá que pasar como imputado o vindeiro mes de febreiro no xulgado de Corcubión por este delito realizado no lugar , a carón da área recreativa que está ao carón da AC-550 cara Carnota, en fronte da saída da estrada de Ameixenda..

O alcalde asegura que deu permiso á asociación veciñal, propietaria das terras, para limpar a zona tralas riadas. Pero foi máis alá e á retirada de refugallos engadiuselle un desmonte de rocha non permito.

Ademais, Vigo inculpa tamén a Amancia Trillo, voceira do PSOE de Cee, que foi a que mediou para obter o permiso, demostrando, unha vez máis, as prácticas de favores caciquís no concello ceense.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios