Nova parada da mesa de recollida de sinaturas da ILP SOS Sanidade Pública este mércores en Cee

12:43 29/11/22
Este mércores 30 de novemnro, volven saír as mesas de recollida de sinaturas para a Iniciativa Lexilativa Popular de SOS Sanidade Pública ás rúas. E non faltará a súa cita en Cee, estando situada na praza 8 de Marzo, de forma ininterrumpida de 10h. da mañá a 20h. da tarde.
A cita faise coincidir con outras máis de 39 mesas e concentracións neste mesmo día en todo o territorio galego, para por de manifesto a terrible situación na que se encontra a sanidade pública en Galicia.