Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A nova propietaria da piscifactoría de Lires asegura que eliminará os tubos do areal

Tubos negros en lires
Así son os tubos que "locen" na praia de Nemiña
A nova propietaria da piscifactoría de Lires asegura que eliminará os tubos do areal

Denunciabamos esta semana a presencia duns tubos negros en pleno areal de Nemiña. Uns tubos de captación de auga salgada da piscifactoría de troitas de Lires, que se levantan ás veces co mar de fondo.

Dende a nova empresa propietaria explican que “a principios de febreiro, o fortísimo temporal na zona provocou o afloramento da tubaxe, algo que levaba máis de 20 anos sen suceder. Por suposto que a partir dese momento a nosa empresa tomou cartas ao respecto xa que se trata dunha canalización fundamental para o funcionamento das instalacións. Recentemente obtivemos o permiso da costa para realizar a reparación e despois de estudar polo miúdo as posibles actuacións, a reparación e soterramento da canalización realizarase nas vindeiras semanas”.
Deste xeito, aseguran que “a praia quedará libre da canalización e o impacto corrixido” pero explican que “unha reparación desta magnitude non é doada e hai que planificala con moito detalle”.

Trátase do Grupo Caviar Pirinea, que vén de adquirir este pasado mes de xaneiro tras comprarlle a granxa ao Grupo Tres Mares, que estaba nunha situación próxima á quebra que a puxo a finais do ano pasado en situación de desaparecer. A propietaria de outras granxas acuícolas en Yesa (Navarra), Biescas e Pirineos (Huesca) e Segre (Lleida) asegura que ten “un proxecto de futuro que garantirá a continuidade e a sustentabilidade da empresa”.

Novas relacionadas

Comentarios