Novo curso de socorrismo en Cee


As nosas praias e piscinas precisan socorristas. E agora podes sacar os títulos necesarios en Cee.
A Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia, coa colaboración do Concello de Cee e Aquacénit Lecer e Deporte, informa da posta en marcha dos cursos para a obtención das titulacións de "Socorrista acuático e primeiros auxilios", cuxo obxectivo é contribuír á formación da poboación para desenvolver o traballo de socorrista en praias e piscinas.
Este sería o programa:
- Primeiros auxilios: 40 horas os venres tarde.
- Lexislación. 10 horas os sábados mañá e tarde.
- Psicoloxía: 10 horas os domingo mañá.
- Anatomía e fisiología: 15 horas.
- Salvamento acuático: 65 horas.
Inscrición
A cota de matricúlaa é de 395 euros. En caso de estar empadroado no Concello de Cee, subvenciónase nun 10 % , quedando en 355 euros. Este prezo inclúe:
- Licenza federativa (inclúe seguro).
- Maletín.
- Textos do curso.
- Dereito de asistencia a clase.
- Dereito de realización de todos os exames a condición de que non se superen o 10% de faltas de asistencia de cada materia..
- Unha vez superado o curso: Certificado de Socorrista Acuático e Certificado de Primeiros Auxilios.
- Solicitados créditos de libre configuración pola Universidade da Coruña.
Máis información
- Na Piscina Municipal de Cee ou chamando ao 981-747 973.
Para calquera dúbida ou para recibir máis información chamar ao teléfono da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia 981-977120, situada na rúa Habitat, nº 8 baixo izq. Perillo-Oleiros- A Coruña. Ou na dirección de correo (formaciónfessga.net)
Novas relacionadas
- A única praia con dúas bandeiras.
- Este verán, a limpeza de praias corre a conta da Deputación.
- A Costa da Morte recupera, e perde, varias Bandeiras Azuis.
- Tempo de ir ás crebas.
Fonte
- Nota de prensa de Diego Castiñeira Romeu, Profesor de Salvamento Acuático.