O BNG ceense presentará alegacións aos orzamentos 2014
Tras seren aprobados os orzamentos o pasado 19 de decembro, e de que sairan o 30 do mesmo mes a exposición pública, o Bng de Cee, logo de estudalos e revisalos profundamente, vén de presentar, dentro do prazo, unhas alegacións aos mesmos.
Primeiramente irán enfocadas ao mantemento de infraestruturas, pedindo "a terminación da renovación do asfaltado da estrada Toba-Lires". Piden tamén "o arranxo das vías interiores en Raso-Brens", e mais "o arranxo da travesía de Ameixenda".
Piden tamén "a dotación de infraestruturas destinadas ao recreo e actuacións lúdicas dos nenos e nenas de Cee coa instalación do parque infantil de Lires".
O BNG solicita tamén "un plan de emprego para atender aos veciños e veciñas sen traballo".
E tamén critica o gasto en plenos, un dos temas que máis preocupa ao partido. "O Partido Popular, experto en recurtes, non é quen de aprobar uns orzamentos realistas e de recurte onde realmente hai que aforrar, como é no caso do adicado as asignacións por pleno e comisión dos edís, ao que se vai adicar 40000 euros, ou os 22900 euros en publicidade e propaganda".
Novas relacionadas
- ANC apoiará os orzamentos de Cee con varios condicionantes.
- O BNG de Cee reclama a demisión total dos Concelleiros non adscritos:
- O BNG de Cee denuncia a falta de mantemento e seguridade na piscina municipal:
- Cee analizou o drama das pensións.
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Cee.