Venres. 26.04.2024
El tiempo

O BNG de Cee esixe a limpeza de praias, estradas e rúas

O BNG de Cee esixe a limpeza de praias, estradas e rúas

Critica hoxe o BNG de Cee que coa chegada do verán, "as praias e vías municipais seguen en pésimas condicións de mantemento, que fai que a vexetación inunde as xa de por si estreitas rúas das aldeas, así como as estradas principais como a de Toba-Lires”.
Engade que “ditas anomalías están a provocar que os coches teñan complicacións para cruzarse, raien a pintura contra a vexetación, ou fagan manobras que poñen en perigo aos viandantes". Pide pois que se utilice o tractor con desbrozadora do concello, para solucionar estes problemas.

Por outra parte, o voceiro local Serxio Domínguez, declarou que “trala perda da bandeira azul en Estorde nas últimas semanas, o goberno municipal segue sen limpar axeitadamente as praias, que como a de Lires, seguen cheas de desperdicios ou madeiras que o mar arrastrou todo o inverno”.

Finalmente, o portavoz do Bng de Cee solicita ao goberno municipal que "actúe de inmediato nas vias municipais e nas rúas interiores das aldeas para limpalas de contado, ainda que so sexa por unha mera cuestión de salubridade".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Cee.

Comentarios