mércores. 30.04.2025
El tiempo

O BNG de Cee pide que as sinais cumplan a Lei de Normalización Lingüística

O BNG de Cee pide que as sinais cumplan a Lei de Normalización Lingüística
Varios sinais ceenses estan en castelan

O BNG de Cee vén de presentar un escrito no concello no que lle pedirá ao goberno que "corrixa vellos erros no uso do noso idioma". Deste xeito, solicitan que "se faga cumprir o artigo 6.3 da Lei de Normalización Lingüística, que se rectifiquen os rótulos que estean en castelán, coma os sitos na praza do concello, ou os da rotonda da vía cara a Fisterra que seguen a indicar “Finisterre”. Estes útimos, de non seren de titularidade do concello, pedimos que o goberno inste ante a Xunta e se faga respectar a legalidade".

Denuncian tamén que "o buzón de voz que contesta cando se chama por teléfono ao concello recibe en galego, pero logo usa o castelán para pasarche co departamento elixido".

Así, dende o BNG aseguran ser "conscientes de que algúns deses erros son herdados de gobernos anteriores, nembargantes sorprende que o goberno non teña feito nada ao respecto, mais tendo en conta que o forman unha forza que se di nacionalista, e que o preside a Deputada de Normalización Lingüistica da Deputación de A Coruña".

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

  • BNG de Cee.

Comentarios