Venres. 26.04.2024
El tiempo

O BNG de Cee propón a actualización de taxas para barracas e atraccións

O BNG de Cee propón a actualización de taxas para barracas e atraccións
O grupo municipal do BNG de Cee levará ao vindeiro pleno a actualización da ordenanza que regula a taxa por instalación de postos, barracas ou atraccións en terreos de uso público. Segundo os nacionalistas, “a actual taxa data do ano 1999, de xeito que os prezos constan aínda en pesetas. Ademáis, as cantidades quedaron moi desfasadas e cómpre cando menos duplicalas”. A agrupación encabezada por Dani Oca asegura que os ingresos pola aplicación desta taxa durante a celebración das festas patronais foron “escandalosamente baixos”. Tamén afirman que segundo o sumario da Operación Orquesta, os responsables das festas permitían que os pagos pola ocupación de terreos se fixesen con diñeiro negro. Oca quere desenvolver esta medida como xeito de evitar unha acción contraria á lei. Tamén pretende “unha xestión transparente do patrimonio da cidadanía de Cee para evitar unha malversación de cartos públicos”. Rematan os nacionalistas coa esperanza de que “este ano haxa unha xestión transparente das festas de Cee e todos poidamos desfrutar delas tendo a seguridade de que todo o que se recada se destina a facer as mellores festas posibles”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Cee.

Comentarios