Luns. 06.05.2024
El tiempo

O BNG de Cee propón a creación dun banco de alimentos de reciclaxe

O BNG de Cee propón a creación dun banco de alimentos de reciclaxe

A reciclaxe de alimentos é unha medida que se realiza en moitas vilas do mundo. A de alimentos que se tiran no día a día dos supermercados de todo o mundo bastaría para alimentar a dúas poboacións mundiais. Pero lamentablemente todo ese materia alimentario pérdese a pesar de que hai millóns de familias en situación de total precariedade.

O BNG de Cee, consciente dos "graves problemas sociais que hai no noso concello, onde son centos de familias as que precisan de axuda para poder chegar a fin de mes", solicitan a posta en marcha dun Last Minute Market ou Mercado do Derradeiro Minuto. Unha proposta que agora presentan ao Pleno como moción para a posta en marcha, empregando os medios propios axeitados, do Banco de Alimentos.

A proposta basease en que o concello recolla todo o alimento que xa non se poden comercializar nos establecementos de alimentación (supermercados, panaderías, froiterías, carnicerías, mercado municipal,…) porque visualmente non son vendíbeis ou porque o produto en cuestión está próximo a caducar, pero que sen embargo son perfectamente aptos para o consumo humano.

O Banco de Alimentos nutriríase destes produtos que xa non se comercializan e tiranse ao lixo, para repartilos entre as familias necesitadas do noso concello, que son moitas e cada vez máis.

É abraiante a cantidade de alimentos en bo estado que se tiran ao lixo. Deste xeito, a iniciativa do BNG de Cee denominada Mercado do Derradeiro Minuto persigue dous obxectivos básicos:

  • 1. Un que radica no feito de que todos eses alimentos que se van aproveitar para repartir de forma gratuita entre a poboación necesitada de Cee non van acabar no lixo, e deste xeito xeramos menos residuos no noso concello. Obtemos así un beneficio ambiental e económico, xa que producimos menos toneladas de lixo ao ano e a factura da súa correspondente xestión vaise reducir considerabelmente.
  • 2. Outro obxectivo, o principal, que pasa por repartir estes alimentos perfectamente aptos para o consumo humano entre a poboación máis necesitada, axudando a paliar así a grave situación das familias ceenses.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Cee.

Comentarios