O BNG defende cunha charla a calidade de ben público da enerxía

23:39 15/11/18

Este venres 16, ás 20:00 horas a sala de conferencias da Casa da Cultura acolle unha charla sobre a Tarifa Eléctrica Galega. Está organizada polo BNG no marco da súa campaña cidadá polo abaratamento da luz.
Na charla, Serxio Dominguez Louro, portavoz do BNG de Cee e Noa Presas Bergantiños, deputada do BNG no parlamento repasarán conceptos como que a enerxía debe ser entendida como un ben público, e a política enerxética debe desenvolverse en base a esta consideración. Do mesmo xeito, o subministro de enerxía debe ter a concepción de servizo público e o seu acceso debe ser un dereito garantido para todas as persoas por riba dos intereses económicos do oligopolio eléctrico.