O ceense Víctor Somoza lánzase ás Eleccións Autonómicas creando a Unión Cidadá Galega


Pouco lle faltou para sacar un concelleiro nas pasadas Eleccións Municipais de Cee, despois da súa aparición no famoso debate QPC. Pero agora quere asaltar o Parlamento.
Víctor Somoza Somoza acaba de crear un partido para presentarse ás Eleccións Autonómicas deste 2016. Unión Cidadá Galega xa está constituído e preparado para vencer a Feijoo.
A Vocal primeira e tesoureira do partido é a súa Ana Belén Somoza Somoza, acompañada da número 2 da candidatura local Pilar Martínez Ronquete. A aquela candidatura únese Montserrat Deu Morillas na directiva do novo partido, suplente nas municipais.
Ten uns obxectivos tremendamente ambiciosos o partido, dende mellorar a sanidade pública galega (en contra da privatización), a educación pública de calidade, a atención a persoas en situación de dependecia ou discapacidade. A nivel económico pensa en plans de desenvolvemento de zonas deprimidas, con especial atención ao I+D+i, e impulsar os sectores primarios.
Propón ademais fomentar a participación social na política e a transparecencia.
Novas relacionadas
- Eleccións #24M Cee: IxCee vence pola mínima ao PP pero queda todo aberto aos pactos.
- Debate en Cee: 4 candidatos auséntanse dun verdadeiro exercicio de democracia directa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).