![ministro-festa-socialista-2010]()
Esta fin de semana o Colexio Manuela Rial Mouzo celebra o seu 50 aniversario. No acto conmemorativo, que se desenvolverá este sábado 11 de decembro a partir das 12:00h no mesmo centro escolar ceense, participarán personalidades de renome como o ministro de Xustiza,
Francisco Caamaño, en calidade de ex alumno.
Tamén estará presidindo a sesión o presidente da Fundación Castro-Rial, organizadora do acto,
Marcelo Castro-Rial. No acto participarán, ademais, o alcalde de Cee,
Ramón Vigo; o director xeral de Centros da Consellería de Educación,
José Manuel Pinal Rodríguez; e o presidente da Deputación da Coruña,
Salvador Fernández Moreda.
As autoridades visitarán as instalacións do centro e, a continuación, realizarán intervencións abertas aos medios de comunicación no Salón de Actos do Colexio.
Máis información
Novas relacionadas
Fonte