luns. 02.12.2024
El tiempo

O concurso de disfraces de Cee repartirá 4.500€ en premios

O concurso de disfraces de Cee repartirá 4.500€ en premios
Os vimianceses de Rio Rock participaron o pasado ano no desfile de Cee Os vimianceses de Rio Rock participaron o pasado ano no desfile de Cee Xa ule a entroido na Costa da Morte. Levamos uns días facendo un repaso ás propostas que se ofrecen na zona. Agora tócalle o turno ao concello de Cee que ten programados catro días de festa con motivo do antroido. A programación comeza o venres, 5 de febreiro, cun baile de entroido no centro social da vila. Comezará a partir das 18:30 horas onde haberá unha degustación de productos típicos destas datas ademais da animación musical. Volven os actos o luns, 8 de febreiro con distintas propostas para os máis pequenos. Ás 11 horas haberá un obradoiro de ioga no auditorio da casa da Cultura. Xa de 12 a 14 horas será o turno dun obradoiro de maquillaxe. A programación continúa ás 13 horas na sala infantil da biblioteca para os nenos e as nenas de 2 a 6 anos cunha sesión de contos da man de María Lado. Os máis pequenos volven a ser os progatonistas das actividades do martes, 9 de febreiro, xa que ás 16:30 horas comezará unha festa infantil na praza da Constitución con inchables e sesión disco. En caso de que chova, a actividade traslarase ao pavillón polideportivo. Concurso de disfraces Xa o sábado, 13 de febreiro, o pavillón acollerá o esperado concurso de disfraces onde se repartirán 4.500€ en premios. Como é habitual o concurso comeza co desfile polas rúas da vila, que será ás 17:45 horas. Os participantes dirixiranse ao pavillón onde Paco G. Coba, do programa da TVG "Collidos nas patacas", encargaráse de presentar o evento. Haberá premios individuais (50€), por parellas (90€), comparsas (750 €; 600 €; 500 €; 400€; 300 €; 250 €) e carrozas (450 €; 350 €; 250 €). Os interesados en participar teñen que inscribirse entre o 1 e o 10 de febreiro na delegación da Cultura e Festexos do concello de Cee. En Laxe entroido laxe 2016 Tamén o concello de Laxe deu a coñecer o seu programa para o entroido que este ano terá dous días de celebración. O sábado, 6 de febreiro, terá lugar o desfile das comparsas pola vila laxense. Os participantes están convocado ás 16:45 horas diante da casa do Concello para darlle saída ao desfile. O Cayetano encargaráse da inauguración do desfile que chegará ata a praza Ramón Juega animados pola comparsa Maruxía. A música chegará ás 18:30 horas coa actuación do Tren da Unha Show de Laxe. Co propósito de incentivar a participación nesta festa de entroido, o concello acaba de abrir unha liña de axudas ás comparsas que se insciban e que cumpran os debidos requisitos. En total, as arcas municipais adican 1000€ a estas axudas. Os interesados deberán cubri unha folla de inscripción depositadas nas oficinas de Cultura do concello. Coa finalidade de recuperar e fomentar entre os nenos e as nenas e mocidade do concello a tradición de percorrer as casas no entroido, ofrecendo entretemento e diversión a toda a veciñanza, pretenden crear un grupo de entroidos que así o fagan e que irán acompañados por adultos do concello. Esta actividade, chamada "Anímate a saír a facer o entroido" terá lugar os días 7 e 8 de febreiro. Xa o venres 12 de febreiro, o "Enterro do Cayetano" darálle fin ao entroido. Dende as 10 horas, o “corpore in sepulcro” do Cayetano permanecerá exposto diante da casa do Concello, anunciando o inevitable: o seu enterro e queima esa mesma tarde-noite, despedindo con elo ao entroido na vila laxense. Ás 19 horas as "viudas" e demáis coñecidos e coñecidas concentraránse diante da casa do Concello para celebra a primeira parte da misa "Córpore in Sepulcro". Media hora máis tarde, ás 19:30 horas, comezará a procesión de despedida do Cayetano polas rúas de Laxe animada pola charanga Os Tajadas de Laxe. E xa ás 20 horas terá lugar na praza Ramón Juega a misa de despedida do Cayetano para darlle paso á queima do Cayetano.   Novas relacionadas   Fonte  

Comentarios