Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Concurso de Pintura de Cee internacionalízase

O Concurso de Pintura de Cee internacionalízase

Moi boa a acollida do VIII Concurso de Pintura Concello de Cee. I é que foron moitas as propostas que chegaron dende fóra da bisbarra. De feito, o 1º premio foi para a vila de Monfarracinos (Zamora).O premio foi recollido o pasado sábado no Salón de Plenos do Concello de Cee. Mercedes Ballesteros López foi a que levou os 1.000€ de premio.

Ademais, o 1º accésit para O Temple-Cambre, nas mans de Ana Varela Ramos. O 2º accésit foi para Pascual Gimeno Montalar, de Massamagrell (Valencia). A exposición está aberta no Concello.

O xurado estába composto por pesos pesados da cultural ceense, como son Luís Guillermo Guerra, Víctor Castiñeira, Darío Areas, José Ramón Rey Senra e Juan Carlos Santabaya Louzán.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios