Venres. 13.09.2024
El tiempo

O eterno derrumbe da estrada de Lires

O eterno derrumbe da estrada de Lires
Derrumbamentos na estrada de Lires Derrumbamento na estrada de Lires

O vindeiro mércores 26 irá a pleno. I é que, se ben por fin comezaron as obras da estrada de Lires, estas están causando máis dun problema.

Os veciños veñen de constatar que houbo un novo derrumbamento de terras, na zona xusto de enriba da praia, que pode deberse ao paso de maquinaria pesada das obras de remodelación da estrada.
Ademais, a zona da escollera que se fixera polos derrumbes o ano pasado, considerada “unha chapuza” por algúns dos veciños xa non se realizou unha boa cimentación, xa está sufrindo a chegada das chuvias, e está caendo abaixo.

O BNG critica as obras

Despois de máis dun ano de denucias, puidéronse acometeran as obras da estrada cara a praia de Lirs. O caso é que as obras están causando problemas. Dende o BNG denuncian que “a estrada quedará interrumpida no ancho que vai levar, en dous tramos, e terá un efecto negativo no que respeta a seguridade de peóns e vehículos, xa que aí a vía vai ser notablemente mais estreita”. Dende o Bng emprazan ao goberno a que “retome as negociacións cos afectados e trate de chegar a un acordo, para que a vía sexa uniforme, no ancho, en todo o seu traxecto.”

A mais, e ante a queixa de varios veciños, a grupo da oposición pedirá que “se sexa máis coidadoso coa corta das árbores da marxe dereita que lindan coa ría, por dúas razóns; primeiro porque cantas mais se corten, mais débil quedará o terreo, e cos temporais poden suceder casos como os do inverno pasado cando caeu a estrada, e segundo porque afean moitísimo o paraxe”.

Por último, propoñen que “se revise a vaia de protección de madeira que se colocou na ponte, xa que non é o suficientemente segura para a cantidade elevada de nenos e nenas que por alí pasean, sobre todo en época estival, xa que os troncos están moi separados entre si. Unha igual que a colocada na entrada feita ex professo para o Mercadona sería moito mais acaída para o lugar, tendo en conta que un posíbel caída acabaría na auga”.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios