Martes. 10.12.2019
El tiempo

O fiscal continúa coa denuncia contra a desecación da Cascada do Ézaro

O fiscal continúa coa denuncia contra a desecación da Cascada do Ézaro
A semana pasada volvía á actualidade a denuncia sobre a desecación dos ríos Castro e Xallas por parte das empresas TresMares e Ferroatlántica. Unha denuncia presentada por colectivos sociais e ecoloxistas. Pero agora é o propio Fiscal, implicado na causa, o que toma o relevo e segue adiante coa devandita denuncia pedindo ao Xulgado que a admita a trámite. I é que agora é o propio fiscal especializado en Medio Ambiente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Álvaro García Ortiz, o que vén de presentar unha nova denuncia contrao  ex Director Xeral de Calidade e avaliación ambiental da Xunta de Galicia no ano 2000, concretamente Francisco Pan-Mantojo González. Segundo o fiscal, Pan-Mantojo foi un dos resposables da resolución ditada en Compostela, a 22 de maio de 2001, pola cal a empresa Ferroatlántica non necesitaría manter o caudal ecolóxico no último treito do río Xallas tralo encoro de Santa Uxía. Esta anulación foi realizada un ano despois de que a Xunta obrigara a manter os 2,23 m3 de auga por segundo para preservar a flora e a fauna dos últimos 1,4 quilómetros de río. En compensación, e dende o 22 de marzo de 2001, a Ferroatlántica ten que substituir o caudal ecolóxico pola liberación en determinados periodos (sábados e domingos de 12:30h a 13:30h entre o 21 de xuño e 21 de setembro) un caudal intermitente e necesario para obter a denominada "cascada estándar". O propio directo da empresa na Costa da Morte, Carlos Oliete, manifestábase tranquilo ao saber que a “Ferroatlántica cumpriu en todo momento cos términos da concesión”. I éfectivamente, xa que as pesquisas da fiscalía non van directamente en contra da emrpesa, senón daqueles que lle permitiron acabar co caudal ecolóxico.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios