O GDR Costa da Morte organiza unhas charlas informativas sobre as axudas do programa Leader
07:10 16/03/17
O Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte organiza para os vindeiros días unhas charlas informativas sobre as axudas do Programa Leader Galicia 2014-2020 para a zona ás que poderán asistir calquera persoa interesada.
As charlas serán o luns, día 20, na casa da Cultura de Cee. O martes (21 de marzo), na casa do Oleiro en Buño-Malpica. Un día máis tarde, o mércores 23 na casa da Cultura de Vimianzo. Rematan o xoves no centro sociocultural de Paiosaco, na Laracha. Todas comezan ás 20 horas.
O prazo para presentar as solicitudes ás axudas xa está aberto dende o 31 de xaneiro. Haberá dúas convocatorias para resolver os expedientes; a primeira ata o 31 de marzo e a segunda ata o 31 de maio.
As persoas interesadas en ampliar información ou en solicitar as axudas poden dixirxe a calquera das dúas sedes do GDR Costa da Morte. Unha delas está situada no edificio de Servizos Múltiples de Vimianzo ou nos números de teléfono 981 71 73 58 ou no 678 648 065. E a outra sede está ubicada no centro comarcal de Bergantiños, en Buño-Malpica (número de teléfono 608 633 222).
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- GDR Costa da Morte