Sábado. 20.07.2019
El tiempo

O gran Entroido "peatonal" de Fisterra

O gran Entroido "peatonal" de Fisterra
Tortugas y Peces foron os campions do Entroido de Fisterra 2016 Tortugas y Peces foron os campions do Entroido de Fisterra 2016 Para os que non estades atentos a través das redes sociais de QPC (nos nosos Facebook e twitter xa colgamos os resultados), deixamos aquí os resultados do Concurso de Comparsas de Fisterra 2016, e mañá completaremos cunha completísima crónica. Un entroido mundial, un entroido interxeracional no que a mocidade demostra que xa tomou o relevo. Era o segundo ano para as tres comparsas locais, e deixaron claro que temos Entroido fisterrán para rato. Non fallou a xente e o pavillón estivo ateigado, tamén en sábado. O arquitecto "Portelus" e a rúa "peatonal" foron os grandes protagonistas das coplas, que non tiveron piedade coa nova corporación, pero que botaron en falta ao ausente ex alcalde e os concelleiros do PP, en contra do cambio ao sábado. Tamén houbo alusión política en clave nacional, e moitas coplas intentaron animar certos pactos. Entroido Fisterra 2016-Corporacion Así ían o teniente alcalde, o alcalde e a concelleira de cultura ao Entroido de Fisterra Entroido Fisterra 2016-Non cabia un alfinete no pavillon Non cabía un alfinete no pavillón de Fisterra para o Entroido sabatino Aos mandos estivo este curso Xurxo Souto, que trouxo Grelos para a "Xunta que non se lembra da xente do mar", e avisou de que no pavillón había agochados espías de Río de Janeiro, Cádiz ou Tenerife. Tras unha impresionante tarde de puro teatro, os campións do Entroido de Fisterra 2016 son... Tortugas y Peces!!! Cun impresionante espectáculo ao Frozen, e unha retranca insuperable, foron os campións por apenas 2 puntos (167 contra 165) sobre Los Niños del Coro, que a piques estiveron de repetir o título do ano pasado, demostrando que o entroido de Fisterra ten o futuro asegurado. Completaron o podio local Os da Charca, por diante de Lirex e Gures, que tamén deron conta de que Cee forma parte da comarca satírica, pero que, este ano, non estiveron a altura retranqueira tan chea de fisterranía. Retranca e traballo, porque a calidade da presentación destas comparsas é estratosférica. Entroido Fisterra 2016-Xurxo Souto co Rei do Entroido o Rubio de Lires o Cesar Xurxo Souto co Rei do Entroido, o Rubio de Lire, que fixo de César Entroido Fisterra 2016-Javi e Noelia da Charca a Raina do Entroido Javi e Noelia da Charca, a Raiña do Entroido  

Os chineses da Charca

Entroido Fisterra 2016-Os da Charca falando co teniente alcalde Os da Charca falando co teniente alcalde Comezaban os pequenos chineses (esta é a comparsa máis nova) cunhas coreaografías case que dignas do Circo do Sol. Celebraban o ano do Mono e comezaron lembrando que estamos no primeiro ano sen Trabas... Como non podía ser doutra maneira, a "peatonalización" da rúa Real foi protagonista das cantigas, total para acabar traendo o entroido ao pavillón... Preguntáronlle a Kuka, o teniente alcalde, en chinés ben clariño, "onde (piiii) imos aparcar". "Ai que Cristo" fixeron na igrexa de Santa María das Areas, que rematou coa pintura dos chinos parecendo un "puticlú". "Para o ano pintamos tamén a sacristía", avisaron... Entroido Fisterra 2016-Os da Charca pintando a Igrexa con pintura dos chinos Os da Charca pintando a Igrexa con pintura dos chinos  

A Aldea Gala e Lirex

Entroido Fisterra 2016-Cesar tomando Lirex O Cesar tomando a última aldea gala do Fisterra, Lirex Quedamos con gañas de máis este ano da xente de Lires. A idea de como o César coas súas tropas chegan ata o Fisterra para conquistar a última aldea gala estivo moi ben traída, e se os políticos do estado se levasen tan ben como os "acaramelados" César e Asterix, seguro que xa teríamos algún "pactus" feito. Arrincaron a ritmo dos Diplomáticos na honra ao presentador, e mercando ao xurado cunha pócima máxica, LK de primeira. Falaron tamén, como non, de "Portelus".  

A Bela e a Besta dos Nenos do Coro

Entroido Fisterra 2016-Os Nenos do Coro case repiten titulo Os Nenos do Coro case repiten titulo Espectacular a posta en escea de "porcelanas Alén do Prato" desta comparsa, que estivo a piques de repetir o título do ano pasado. O novo alcalde Pepe Marcote era un dos protagonistas, e tomou nota, coa idea de ter que facer cousas para non acabar convertido en Besta. Todo o que ten facer para que lle queiran o novo alcalde, que ata pensaba "Marcho... que goberne Kuka". #Trabavaivolver rezaban as coplas, acompañadas dun "non te preocupes #Kukaestarácontigo"... De peonil ou "peatonal" tamén foi a cousa, como non, así como do "innombrable" famoso arquitecto. Entroido de Fisterra 2016-Los Ninos del Coro Los Niños del Coro estiveron tremendos  

Un frío polar invadíu o pavillón

Entroido Fisterra 2016-Impresionante a artista de Tortugas y Peces Impresionante a actuación de Carla de Tortugas y Peces Conxelados quedamos coa canción de Carla... Impresionante esa presencia, con esa voz nesas letras tan locais. Pero non foi a única que fixo vibrar ao pavillón nun espectáculo que superou o lume da Panorama. E iso que tras moitos anos de goberno popular, "a quen van botar as culpas agora..." lamentábanse ante problemas como Mar de Fóra, a Casa da Cultura... O Duque Xan tamén participou da trama. Dende unha fiestra da Praza da Constitución, disfrutando do Entroido, saltaban chispas. A rede foi protagonista, e esa rapidez de Kuka á hora de respostar a través do Facebook. Os seus #Saúdos e #MedreoMar demostraron que a rede xa é parte da vida cotiá na zona. Menos para o alcalde, que non ten fb... Xenial foi ese corrillo venezonalo que cantou Germán, "Peatonal, peatonal","Dimisión, Dimisión, se acabo de cheghar". Entroido Fisterra 2016-Pequenas Artistas de Tortugas y Peces Impresionantes estiveron as dúas Pequenas Artistas de Tortugas y Peces  

O afundimento do Titanic en Gures

Entroido Fisterra 2016-Espectacular o Capitan do Titanic de Gures Espectacular o Capitán do Titanic de Gures Que pouco aprendemos dos afundimentos... En clave estatal centraron a súa actuación os ceenses. Cun capitán do barco (o alcalde) sempre magnífico nas súas actuacións, os protagonistas dete Titanic costeiro eran Mariano Rajoy facendo de Dicaprio e Pedro Sánchez de Kate Winslet. Non se deixaba cortexar Pedro ante un Mariano que mentres se achegaba o simpatiquísimo Icerberg, só veía hilillos e plastilina. Entroido Fisterra 2016-Mariano e Pedro no Titanic de Gures Mariano e Pedro no Titanic de Gures  

Tamén os coles

Entroido Fisterra 2016-Coles Na previa do venres, os protagonistas foron os alumnos de Infantil, Primario e ISO do Colexio Ntra. Sra. do Carmen, Fisterra, acompañado por numerosos pais e nais, así como o profesorado en pleno, hoxe pola tarde. gozamos dun tempo estupendo que fixo posible que esta celebración festiva puidésese realizar para satisfacción dos participantes e das numerosas persoas que puideron contemplar este colorido espectáculo. O desfile discorreu polas principais rúas da vila e terminou na praza da Constitución, onde os diferentes grupos dos distintos niveis educativos foron cantando as súas divertidas coplas moi aplaudidas polo público e que son un preludio do tradicional Concurso de Comparsas. Entroido Fisterra 2016-Coles 2

Xa pensando no Polbo

E xa pensando no Enterro do Polbo do vindeiro sábado, onde veremos en acción ao gran Roberto Traba Velay, ao que se lle botou en falta, como a súa filla Adriana, a pesar do bo facer do pedazo de artista que é Xurxo Souto.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios