Xoves. 30.05.2024
El tiempo

O HVdX criba o cancro de mama e festexa o Nadal con máis de 200 cativos

O HVdX criba o cancro de mama e festexa o Nadal con máis de 200 cativos
Días de vértigo estes últimos do 2010. I é que logo do esperado adeus de máis de 30 traballadores, este luns 20 de xaneiro tivo dúas e importantes citas. Dúas citas distintas, pero igual de salientables como foi a entrega de premios do Certame de Postais de Nadal do centro, no que participaron máis de 200 cativos de toda a área sanitaria; e a visita de Pilar Farjas, Conselleira de Sanidade, para facer balance dos datos da nova Unidade de Exploración Fixa, dentro do Programa de Cribado do Cancro de Mama.

Concurso de postais de Nadal

Máis de 200 nenos de nove colexios públicos e concertados de Cee, Fisterra, Muxía, Dumbría, Vimianzo, Camariñas, Zas, e Corcubión achegaron os seus sorrisos ao centro hospitalario ceense. Nenos con gañas de saber os gañadores do concurso de postais de nadal, e todos voltaron a casa cun xogo de pinturas, ademais dos diferentes regalos para os premiados por cada categoría. O HVdX organizou este ano un concurso de debuxos para decorar o centro coas postais de Nadal. No concurso establecéronse dúas categorías, para escolares de infantil e outra para primaria, con premios para cada unha delas. Vemos as caras de felicidades dos cativos vencedores das bicicletas, do monopatín ou do patinete

Programa de Cribado do Cancro de Mama

A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, presentou esta mañá os resultados dos primeiros meses de funcionamento da Unidade de Exploración Fixa, que acadou unha alta taxa de participación aumentando ata un 86,94%. O Hospital Virxe da Xunqueira de Cee converteuse o pasado mes de xullo no primeiro centro hospitalario comarcal da rede do Servizo Galego de Saúde en poñer en marcha unha unidade fixa do novo programa de cribado de cancro de mama, que desenvolve a Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. Farjas destacou o alto grao de participación das mulleres no programa de detección do cancro de mama e tamén loubou o alto grado de satisfacción das usuarias coa posta en marcha da unidade fixa, que permitiu incrementar a accesibilidade, o confort e a calidade asistencial percibida polas mulleres atendidas.

Datos de participación

Con este servizo, máis de 6.000 mulleres de entre 50 e 69 anos dos concellos de Carnota, Dumbría, Cee, Fisterra, Corcubión, Zas, Camariñas, Vimianzo e Muxía serán exploradas nas diferentes campañas desenvolvidas dende esta unidade fixa. De feito, entre xullo e decembro 3.242 mulleres -dun total de 3.729 mulleres invitadas- participaron no Programa. É dicir, acadouse só nestes primeiros meses de funcionamento unha participación de case o 87%, o que supón unha boa aceptabilidade, xa que os indicadores das Guías europeas de garantía de calidade en cribado e diagnóstico do cancro de mama marcan como aceptable una taxa de participación do 70% e como desexable una participación de polo menos o 75%. Na gran maioría das exploracións o resultado da mamografía foi a ausencia de lesións sospeitosas; e tan só 85 mulleres (un 2,6% do total), foron remitidas á unha unidade de diagnóstico e tratamento para complementar as probas realizadas e obter un diagnóstico definitivo. Neste senso a conselleira de Sanidade destacou que a supervivencia das mulleres diagnosticadas polo programa é superior á das que foron diagnosticadas fóra del, o que amosa a eficacia do diagnóstico precoz.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios