Domingo. 03.11.2024
El tiempo

O Mar será o protagonista dos novos Concursos de Relatos e Debuxos da Fundación Fernando Blanco

O Mar será o protagonista dos novos Concursos de Relatos e Debuxos da Fundación Fernando Blanco
Concurso de Relatos da Fundacion Fernando Blanco

Volve a Fundación Fernando Blanco á carga coas súas propostas culturais, e desta volta toca o 3º Concurso de relatos Curtos e máis o 2º Concurso de Debuxos. Ambos concursos están destinados ós alumno/as dos centros educativos de 10 concellos da contorna (Carnota, Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas).

En ambos concursos o prazo para a entrega dos traballos remata o 15 de maio, resolvéndose o concurso nun máximo de 45 días naturais contados dende a data límite de entrega. Para elo organizarase un acto de entrega de premios que será debidamente comunicado ós premiados e á sociedade en xeral.

As bases completas do concurso poden descargarse na web www.museofernandoblanco.org (pestana CONCURSOS 2015).

III Concurso de Relatos Curtos

Establécense dúas categorías:
- Categoría A (3º Ciclo de Primaria);
- Categoría B (1º, 2º, 3º e 4º da ESO)

Os relatos deberán xirar en torno ó tema “O MAR”. Os participantes deben centrar os seus traballos nun medio tan importante para Galicia, e por suposto para a Costa da Morte, como é o mar. Os enfoques poden ser variados: o mar como espacio de lecer; o mar como fonte de riqueza; o mar como escenario de traxedias…
Os relatos deberán estar escritos en lingua galega, e terán unha extensión máxima de 6 folios, confeccionados a ordenador, a dobre espazo e por unha soa cara (arial 12).
Entregaranse tres premios por categoría de 100, 75 e 50 euros, ademáis de diploma.

II Concurso de Debuxo

Concurso de Debuxos da Fundacion Fernando Blanco

Establécense dúas categorías:
- Categoría A (1º Ciclo de Primaria);
- Categoría B (2º Ciclo de Primaria)

Os debuxos deberán xirar en torno ó tema “O MAR”. Cada participante poderá presentar un único debuxo (poderá facerse tamén unha sucesión de viñetas, a modo de cómic). A técnica será totalmente libre, podéndose empregar, por exemplo, acuarelas, ceras, témperas, lápices de cores, collage, etc. O debuxo deberá facerse en cartulina, formato DIN A4 ou DIN A3, vertical ou horizontal. Ningún traballo deberá ir enmarcado ou con montaxe especial. Ademáis deberá acompañarse cada debuxo cunha frase explicativa ou slogan.
Entregaranse tres premios por categoría de material didáctico valorado en 50, 40 e 30 €, ademáis de diploma.

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios