O Obradoiro de emprego fisterrán deixa a súa pegada dixital no Camiño


Foi unha honra para QPC servir de exemplo profesional para os membros do Obradoiro de Emprego Camiño do Solpor, esa proposta formativa e pagada que desenvolveu a Xunta neste caso conxuntamente nos Concellos de Corcubión, Cee e Fisterra.
Foron dous grupos, un de Xardinería e outro de Creación web, que veñen de rematar os seus 6 meses de formación e experiencia. Onte tiña lugar a Clausura no Faro Fisterra, coa visita institucional da Delegada da Xunta Belén do Campo así como os alcaldes de Cee, Corcubión e Fisterra e os técnicos de emprego.
Nova web do Camiño
E ademais de recibir o diploma, o que puideron poñer en marcha foi a nova web www.desantiagoafisterra.com. Ese era o proxecto principal da parte de creación web, e entre todos foron creando esta nova ferramenta aberta para peregrinos e visitantes.
Sinxela e práctica. Estes rapaces estiveron ben aprendidos!

Novas relacionadas
- QPC como exemplo de experiencia empresarial para os alumnos do Obradoiro de Emprego.
- Os alumnos do Obradoiro de Emprego fisterrán soben ás alturas.
- Un obradoiro de Emprego para 20 desempregados permitirá adecentar o Camiño en Cee, Corcubión e Fisterra.
- 22 mozos soneiráns completaron o Obradoiro comarcal de Emprego e Formación.
- Nace Solpor, unha Asociación de Profesionais para unir o Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).