Unha Cea Solidaria para seguir unindo a Costa da Morte con Costa da Marfil



Cantas cousas está facendo o cura Desiré dende que chegou á Costa da Morte dende a súa aldeíña de Ahunienfutú, en Costa da Marfil. Despois de conquistar os corazóns dos fregueses de Zas, Mazaricos, e Dumbría, agora estallos roubando aos ceenses.
Dende Brens está chegando a realidade da súa terra africana ás conciencias costeiras. A través da ONG Egueire, xa ten preparada unha Cea Solidaria para este venres 11 de decembro no Hotel Insua, para axudar a toda a xente da Costa da Marfil. Custa 25€ e hai que reservar praza no 629 864 108 ou en correo.egueire@gmail.com.
Houbo quen xa visitou aquela terra para coñecer de preto a realidade do corazón de África. Jose María Blanco e Merchi estiveron aló, coñecendo de primeira man e poñendo a primeira pedra dun proxecto financiado dende a Costa da Morte, un centro de ensino.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).



FIla 0
E como soe dicirse, haberá fila 0, non é necesario achegarse á cea para colaborar, e pode facelo ingresando a súa doazón neste nº de conta: IBAN ES35 2080 0313 9030 4000 5650.