O Pleno de Cee debate hoxe sobre o Campo de Golf


O BNG de Cee pedirá no pleno de hoxe, luns, que se retire do PXOM o proxecto de construción do campo de golf de San Pedro Mártir. Un proxecto, positivo para uns e agresivo para outros, que combina os amores e as queixas de toda clase de megaproxecto en terreos esquecidos como os nosos. Respecto ao territorio ou máis postos de traballo? A dicotomía é sempre a mesma.
Neste caso ademais a inclusión da zona afectada como solo urbanizable obligaría a ”restala do solo urbanizable en Cee ou nunha das súas parroquias”, sinala o BNG.
Dende BNG aseguran que hai “numerosas denuncias de asociacións de diferente índole, entre as que destacan as dos grupos ecoloxistas, poñen de manifesto que os campos de golf, como os feitos así o demostran, son a coartada que determinados grupos empresariais empregan para obter terreo rústico a baixo prezo e transformalo en residencial”. E nesa liña denuncian que “o consumo de auga” a a “degradación do solo” son dous aspectos fundamentais “á hora de entender a insustentabilidade dunha instalación destas características”. Así o explica o grupo da oposición:
- Consumo de auga destas instalacións: Os campos de golf son uns auténticos depredadores dun recurso cada vez máis escaso. Un campo de golf de 18 buratos precisa aproximadamente de 60 hectáreas de terreo, e consume 1,5 millóns de litros de auga ao día, segundo fontes do Instituto Xeolóxico e Mineiro do estado español, a media de consumo de auga dun campo de golf semellante está entre 1.500 e 2.000 m3/día nos meses de máxima irrigación. Nun ano o consumo medio de auga dun campo de golf destas proporcións é de 10.000 m3/ha (metros cúbicos de auga por hectárea), é dicir, 18 hectómetros cúbicos. Para unha superficie media de 60 hectáreas, dependendo sempre da zona xeográfica onde se localice, requírese un consumo anual de auga de entre 600.000 e 1.000.000 m3/ano, equivalente ao consumo dunha poboación de entre 9.000 e 12.000 habitantes. É dicir, anualmente un campo de golf estándar ten moito máis consumo de auga que todos os habitantes de Cee e Corcubión xuntos.
- Degradación do solo: No Estado español hai 417 campos de golf, segundo datos da Federación Española de Golf. Até o de agora os “pelotazos urbanísticos” e a construción destes campos estaban asociados: nos últimos 12 años construíronse 112 campos, o 90% promovidos por inmobiliarias. Como consecuencia da crise, as vivendas non se venden e a construción de campos de golf ralentizouse; uns 150 novos proxectos programados nos últimos anos non se executaron. Esta ocupación de terras para o sector do ocio privado dunha élite foi en detrimento do sector primario, a produción de alimentos.
Novas relacionadas
- 21-02-14: A sombra do Campo de Golf, cada vez máis preto de Cee.
- 20-01-13: Avanza o PXOM de Cee co campo de golf en San Pedro Martir.
- 2013: O Parador volve a actualidade cun campo de golf.
- 2007: A construcción do campo de golf en Cee volve a estar encima da mesa .
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Cee.