O Saber ten premio no IES Fernando Blanco
Boa proposta dende o IES Fernando Blanco de Cee, que leva unha serie de actividades extraescolares nos últimos tempos para fomentar a aprendizaxe. Esta nova trátase da primeira edición do concurso "O Saber Ten Premio", un concurso está patrocinado por Ferroatlántica.
Falamos dun concurso cultural no que van participar 9 equipos integrados por 5 alumnos cada un (2 de bacharelato, 2 de ciclos formativos e 1 da ESO, Cuale, PCPI ou EPA) que deberán responder a unha serie de cuestións, seleccionadas ao chou entre máis de 600, relacionadas coas ensinanzas que se imparten no IES Fernando Blanco e que foron confeccionadas por todos os departamentos didácticos do centro. Posteriormente o profesor de tecnoloxía Martín Pardiñas Fondo elaborou un programa informático para poder desenvolver o xogo.
A primeira fase do concurso vaise celebrar os vindeiros días 3, 4 e 8 de maio. Cada día competirán 3 equipos e os 3 mellores equipos que saian desta fase inicial enfrontaranse na gran final que se celebrará o venres 22 de xuño.
Os grupos gañadores recibirán os seguintes premios segundo a orde acadada:
- 1º premio: 600 €
- 2º premio: 400 €
- 3º premio: 300 €
Novas relacionadas
- Melloras para os centros educativos de Cee.
- Ex alumnos de Bachaleralo de Cee reúnense moitos anos despois.
- Un Instituo Olímpico.
- Novedosas becas da Fundación e o IES Fernando Blanco.
- Un grupo de alumnos do IES Fernando Blanco na Final do Young Business Talents.
- A Garda Civil debate cos alumnos do IES Fernando Blanco sobre Redes Sociais.
Fonte
- Nota de prensa do IES Fernando Blanco.