Venres. 19.04.2024
El tiempo

O sector económico e político analizan as potencialidades da Costa no Foro do Correo Gallego

O sector económico e político analizan as potencialidades da Costa no Foro do Correo Gallego
Este pasado venres 12 de novembro, o salón de actos do Concello de Cee acolleu os debates do Foro Costa da Morte. Un foro aberto organizado polo Grupo Correo Gallego, que servíu para poñer enriba da mesa todas as potencialidades e necesidades da bisbarra. O título das sesións era o de A Costa da Morte: un mar de oportunidades. Un foro no que participaron os pesos pesados do mundo económico da zona, sendo máis de un cento de empresarios e políticos os que participaron. Malia e todo, e como sinalaba Carmen Riveiro, Presidenta da Asociación de Amigos do Liño, compre destacar "a falta de participación social", unha lacra que arrastra a bisbarra dende hai tempo.

4 mesas de debate cun obxectivo común

O Foro pretende atraer aos representantes das institucións para comprotelos co desenvolvemento da bisbarra. Un xeito, como destaca un dos organizadores, Jesús Trillo, de "situar no mapa a Costa da Morte como unha área xeográfica desenvolta e punteira". As 4 mesas trataron sobre Infraestructuras, sector primario, turismo e desenvolvemento industrial. Os políticos que acodiron, a directora xeral de Infraestruturas, Ethel Vázquez, ou o subdelegado do Gobierno, José Manuel Pose Mesura, destacaron o compromiso coa zona. Nunhas mesas as peticións ían na dirección de maior control xurídico ante a falta de planificación urbanísitica. Noutras que os investimentos se realizasen a tempo. Tamén se fixo finacpé na incapacidade que temos para saber vender os produtos de primeira calidade dos que dispoñemos. E no sector turístico, pediuse unión.

Fonte e máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Fotos de Victor Hugo Conde.

Comentarios